venres, 14 de abril de 2017

Escafandra II


De súpeto a parella de xabaríns correndo como levados do demo, levanto o pe do acelerador e o meu corazón semella deterse. Por sorte para eles e para min son veloces, cruzaron como un feixe de pelo  a voar por riba do asfalto. 
Natureza salvaxe, sempre desprotexida, condenada a rematar esmagada nunha cuneta ou alcanzada por un tiro mortal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario