domingo, 11 de xuño de 2017

Mares




Avenida atlántica

  Agardo a vinganza do mar.
O mar volvéndose con ollos de tolo cara terra.
O mar burbullando no oco negro dos sartegos.
O mar chamando ás portas da cidade.
O mar cos beizos secos.
O mar percorrendo a distancia dun puño.
O mar só como un solo de jazz.
Un paxaro cego.
Un cabalo axul a beber nos espellos.
O mar.
Afogando o meu corazón, un peixe abisal,
eléctrico e antigo.
Levándome como un animal durmido na area.

Lonxe de vós, contra vós, o mar.

Manuel Rivas

2 comentarios:

  1. O mar sempre tan intenso e inmenso

    ResponderEliminar
  2. Sempre, por iso o mar non ten portas.

    Grazas e un saúdo, anónimo galego

    ResponderEliminar